lunes, octubre 01, 2007

Manda carallo!!! E que pasa co fin de semana :(

CIG, UGT e CCOO convocaron a folga no sector da Construción da provincia de Pontevedra para os días 2, 3, 4, 9 e 10 de outubro. Os paros serán indefinidos a partir do día 16 do mesmo mes de non alcanzarse antes a un acordo coa patronal. Os tres sindicatos acordaron un anteproxecto de negociación con demandas que debe incluír o novo convenio.

Principais reivindicacións dos sindicatos
• O novo convenio terá unha vixencia de tres anos.
• Fomento da estabilidade no emprego para que os traballadores fixos non representen menos do 40% do cadro de persoal das empresas.
• Redución de dúas horas no cómputo anual.
• Diminución considerábel dos tempos de desprazamento dos operarios aos seus postos de traballo.
• Ascensos automáticos de categoría aos tres anos para que os peóns pasen a ser axudantes de oficio.
• Ampliación do complemento de incapacidade temporal por enfermidade común, así como das licenzas e permisos.
• O operario que leve 20 anos traballados poderá solicitar el mesmo a xubilación parcial anticipada independentemente do que considere o patrón.
• A media da táboa salarial terá que experimentar, como mínimo, unha suba do dobre con respecto ao asinado no último convenio.

0 Comments:

Publicar un comentario

<< Home